IX Certame Folk Radio Obradoiro

20 01 2008

O Grupo Correo Gallego, a través da emisora Radio Obradoiro, convoca a novena edición do certame de música folk en Santiago de Compostela, segundo as seguintes bases:

I.- Poderán participar tódolos grupos ou solistas de música folk, instrumental ou cantada.

II.- Non poderán tomar parte neste certame aqueles grupos/solistas que teñan asinado un contrato discográfico nin os gañadores das tres edicións anteriores.

III.- Cada grupo ou solista participante deberá enviar unha maqueta con tres temas (alomenos dous inéditos) a:

RADIO OBRADOIRO-EN CLAVE DE FOLK

Rúa Preguntoiro, 29

Santiago de Compostela – C.P. 15.704

No envío debe haber dous sobres.

– No primeiro irá a maqueta, cun lema por fóra.

– No segundo, o boletín de inscripción, a fotocopia do D.N.I. de cada compoñente do grupo, unha fotografía, un teléfono de contacto e o título das cancións así como a súa orixe. Este segundo sobre tamén levará por fóra o lema do grupo.

IV.- Serán seleccionadas catro maquetas (número que pode variar en función da calidade da interpretación), que pasarán á final. A escolla correrá a cargo da organización, sen coñece-la identidade dos grupos/solistas. Non se terá en conta a calidade da maqueta.

V.- A organización do certame comunicará ós finalistas a data e a hora nas que deben realiza-las probas e a actuación. A orde establecerase por sorteo días antes da celebración do concurso. Se o grupo/solista convocado non puidera estar presente, fará o propio no seu lugar un suplente dos tres que se seleccionarán na fase previa.

VI.- Os finalistas deberán facilitar á organización o raider e datos sobre instrumentos ou calquera outro accesorio que necesiten para a realización da súa actuación. A organización comprométese a instalar o escenario así como un equipo de son e iluminación.

VII.- Na final os grupos/artistas seleccionados deberán interpretar tres temas, alomenos dous orixinais e inéditos (non teñen porque ser os da maqueta).

VIII.- A composición do xurado será feita pública cando a organización o considere axeitado. Serán cinco persoas relacionadas co mundo da música.

IX.- O premio consistirá na gravación dun CD para o primeiro clasificado. A organización resérvase a posibilidade de establecer algunha clase de compensación para o resto de finalistas. O nome do grupo gañador farase público o mesmo día da realización da final. A organización poderá publicitalo en diferentes medios de comunicación. O premio poderá ser declarado deserto.

X.- O fallo do xurado será inapelable. A participación neste concurso implica o acatamento das bases, que están suxeitas a xustificadas modificacións. As maquetas poderán ser utilizadas por Radio Obradoiro para a súa difusión.

XI.- O prazo de recepción de maquetas remata o 29 de febreiro de 2008.

Fuente

Anuncios

Acciones

Information

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s




A %d blogueros les gusta esto: